A Fundación Toro de Lidia é o baluarte que está a aglutinar un sentir común: a afección e defensa da tauromaquia. A entidade está a facilitar agrupacións provinciais e a creada en Pontevedra o pasado xullo organizou un encontro público con Victorino Martín, gandeiro e presidente da fundación e co mestre e patrón da mesma Juan Antonio Ruiz 'Espartaco'.
Con eles xunto ao presidente do Capítulo da Fundación en Pontevedra, José Vicente; o membro desta última Francisco Lozano e o xerente da praza de touros de Pontevedra, Servando Rodríguez, charlamos en PontevedraViva Radio.
Traballan desde varias frontes: a defensa e difusión da tauromaquia, que tivo unha data importante o pasado 22 de xaneiro cando Victorino Martín compareceu na Comisión de Cultura e Deporte do Senado. Presentaron un programa de recuperación de prazas de touros e de novilladas e desde a fronte xudicial, a acción suma xa tres sentencias xudiciais favorables en Cataluña, Baleares e Villena.
Ademais destas cuestións que incumben á fundación, tamén se pon sobre a mesa nas Conversas na Ferrería un exercicio de instrospección, de mirar que parte de responsabilidade tiveron empresarios, apoderados, gandeiros, toureiros, afeccionados, etc... na situación que vive actualmente o mundo taurino.