A Deputación promocionará o "Camiño experiencial" no Fairway de Santiago
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra concorrerá cun stand propio "que vai chamar moito a atención" á terceira edición de Fairway Fórum Camiño de Santiago, que se celebrará do 10 ao 12 de febreiro no Pazo de Congresos da capital galega.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que o domingo participarán na inauguración aínda que a presentación institucional será o luns ás 12.30 horas.
O obxectivo desta actuación é "colaborar co sector implicado no Camiño" na promoción deste "extraordinario recurso".
O stand da Deputación dispoñerá dun espazo gratuíto que se brinda como punto de encontro para celebrar reunións no marco da feira. Xa están concertadas numerosas citas de negocios, avanzou Carmela Silva.
A promoción da Deputación de Pontevedra fará fincapé no "Camiño experiencial" seguindo as indicacións do Plan Estratéxico que recomenda enfocar todas as súas accións promocionais nunha mesma liña.
A campaña promocional deste ano ten o lema "Fame de experiencias". A presentación será "diferente e terá sorpresas", estará guiada polo actor Rubén Riós e propoñerá experiencias relacionadas coa gastronomía, o enoturismo, a cultura, a arqueoloxía, o termalismo e a camelia.
Rubén Riós poñerá o acento no traballo levado a cabo para que sexa unha ruta inclusiva, segura e accesible.
Como actividade previa ao Fairway este venres a Deputación acolle no Castelo de Soutomaior a un grupo de xornalistas especializados, organizadores de eventos e responsables de axencias de viaxes, no marco dunha viaxe de cortesía para que poidan vivir en primeira persoa a experiencia das cinco rutas xacobeas que atravesan a provincia de Pontevedra.
Este grupo está integrado por profesionais de España, México, Brasil, Canadá e Reino Unido "e de medios tan potentes como o National Geographic", afirmou a presidenta.
Por outra banda, Carmela Silva dixo estar "encantada co recoñecemento implícito" que fixo o conselleiro de Turismo, Román Rodríguez, ao destacar positivamente os bos datos arroxados o pasado ano por este sector, entre outros, que as Rías Baixas absorben o 41% da demanda turística de Galicia. Isto supón seis puntos máis desde que o bipartito PSOE-BNG fíxose cargo do goberno provincial, un incremento que "é a bomba", valorou Silva.
"Desde a humildade iso ten que ver exclusivamente co sector privado e con esta administración provincial" ha sinalado a presidenta da Deputación.
"Non foi un recoñecementos explícito" admitiu Carmela Silva "sería moito esperar pola miña banda, son optimista pero xa sei o que podo esperar doutras administracións. Non nos van a recoñecer publicamente nada".
A presidenta provincial tamén anunciou que a próxima reunión da Mesa do Camiño, que "se convocará de maneira inmediata", un dos puntos da orde do día será a modificación do regulamento para atender á petición da Xunta de Galicia para que poida participar o conselleiro de Turismo, Román Rodríguez.