A Plataforma galega polo dereito a decidir prepara unha gran mobilización para o próximo día 16
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Como resposta á polémica reforma da lei do aborto que prepara o Goberno que preside o pontevedrés Mariano Rajoy, xurdiu a Plataforma galega polo dereito a decidir.
Este movemento cidadán que este luns reuníase en Pontevedra, conta co apoio dos tres grupos parlamentarios da oposición e a firme convicción de que "a liberdade de ser nai pasa pola liberdade de non selo".
Esta plataforma está integrada por medio cento de asociacións da comunidade, asociacións de mulleres, sindicatos, partidos políticos, entidades culturais, profesionais liberais e persoas individuais que lanzan unha mensaxe clara en defensa do dereito das mulleres a abortar nunhas condicións dignas.
Consideran necesario un novo marco legal para superar os actuais problemas de inseguridade xurídica, tanto das mulleres como do persoal sanitario polo que, obviamente expresan o seu rexeitamento "aos comportamentos reaccionarios que pretenden impoñer as súas crenzas como lei universal".
Ante a movilización do próximo día 16 de xuño en Santiago de Compostela, o grupo pontevedrés levará a cabo unha serie de iniciativas que inclúen mesas informativas entre outras actividades.