Concentracións para denunciar a privatización da sanidade pública
Por Oskar Viéitez
Os centros de saude e hospitais do Sergas viviron este martes 4 de xuño unha xornada de protestas contra os procesos de privatización da sanidade pública. En Pontevedra todos os sindicatos protagonizaron unha concentración as once da mañá diante do Hospital Provincial.
Dende o sindicato Omega, Carmen Revenga, salientou a necesidade de "motivar" a todo o persoal para que "luche contra las medidas destinadas a convertir la sanidad pública en un mercado".
"Se trata de una protesta unitaria en la que participan todos los sindicatos", suliñou Maria Luisa Cupeiro, do SAE, "a todos nos interesa que esto no se privatice". Sosteñen que o goberno do PP coa escusa do aforro do gasto público está a acelerar esta liña privatizadora. Medidas que, segundo denunciaron os representantes dos traballadores, non se xustifican nin por razóns económicas, nin por razóns de eficacia na xestión.
Por este motivo Carmela Bas, dende o CSIF, adianta que esta iniciativa "tiene que seguir" xa que os estudos independentes apuntan á inexistencia de aforro nas privatizacións e ao perigo do incremento dos custes "como se puede comprobar en aquellos servicios que ya han sido privatizados".
No referente á eficacia na xestión, si hai experiencias contrastadas no ámbito do SERGAS para poder afirmar que coa xestión pública directa se presta un mellor servizo: servizos privatizados tiveron que ser rescatados pola Administración Pública asumindo a débeda privada "non podemos esquecer que na xestión privada o prezo ten que incluír o beneficio empresarial: maior custe e menor calidade", advertiron.
Rocío Graña, da CIG, lembrou que o Laboratorio de Saúde Pública está sendo privatizado "o que fan e non privatizalo todo á vez, pero desde logo imos polo camiño do que se está a facer en Madrid, empezando co non sanitario para ir cada vez a máis".
Ademais disto, os sindicatos sinalan que coas privatizacións baléiranse de funcións os traballadores do SERGAS, o seu traballo pasa a ser desenvolvido polos traballadores das empresas subcontratadas co que "a Administración paga dous salarios polo mesmo traballo".
Os traballadores da sanidade publica anuncian que seguiran a rexeitar "a destrucción dun dos dereitos máis fundamentais, como é o dereito a unha sanidade pública universal, de calidade e gratuíta".