Cen persoas desempregadas participan no programa Poio#Integra
Por Redacción
O programa Poio#Integra está a impulsar o emprego nos sectores da hostalería, agricultura ecolóxica, limpeza e comercio. Nesta iniciativa participan 100 desempregados, principalmente persoas con capacidades diferentes, en risco de exclusión social, mulleres vítimas de violencia de xénero, menores de 30 anos e maiores de 45 anos.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, a tenente de alcalde, Chelo Besada e o director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participaron este mércores na presentación da iniciativa.
Os participantes recibirán formación específica e transversal en novas tecnoloxías, inglés e orientación laboral.
Trátase dun programa formativo adaptado á demanda das empresas da contorna.
O obxectivo de inserción laboral cando remate o curso é do 40%.