Boa Vida celebra o seu I Encontro Anual para sensibilizar á poboación sobre a pobreza
Por Almu Dapena
A Asociación Boa Vida, que se ocupa da recollida, manexo e venda de residuos útiles, organiza para este venres o seu I Encontro Anual aberto á cidadanía co que quere continuar a súa labor social en Pontevedra.
Ocúpase da recollida, manexo e venda de residuos útiles
Neste encontro propoñerán as novas actividades para este ano entre as que se poden atopar novos programas para a poboación emigrante, formación na sociedade de acollida e mediación intercultural. Tamén informará dos resultados do bo traballo realizado en 2018 onde incrementaron nun 35% as recollidas e conseguiron aumentar de 7 a 13 as familias que tiveron ingresos procedentes do seu traballo e así conseguir unha mellora na súa calidade de vida. Con esta actividade, e grazas ao apoio da cidadanía pontevedresa, tamén lograron darlle un novo uso a máis de 25 toneladas de materiais sobrantes.
Para esta actividade contarán coa colaboración de Traperos de Emaús Porto (Portugal), asociación dedicada á recollida, recuperación e reciclaxe de obxectos, que se encargarán de mostrar a súa experiencia de máis de 40 anos de traballo no mundo da solidariedade e a recollida de residuos.
O encontro terá lugar o venres día 15 na Raiña da Paz, Salcedo, en horario de mañá e de tarde. Tamén se mantén a actividade na tenda solidaria da Rúa Santa Clara, 35.
Relacionadas:
-
"Na pandemia tivemos que comprar produtos de primeira necesidade para familias"
Por María José Pita & Mónica Patxot |
-
Unha exposición mostra a reciclaxe como unha ferramenta de inclusión social e laboral
Por Redacción |
-
Boa Vida fai un chamamento para loitar este Nadal contra a pobreza
Por Redacción |