Os empresarios da construcción "aplauden" o acordo entre PP e PSOE sobre o PXOM
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular mantivo este martes unha reunión coa Asociación provincial de empresarios da Construción (APEC) dentro da rolda de contactos iniciada para solicitar apoios que forcen ao goberno local a "sacar o PXOM do caixón".
"Ellos también coinciden en la necesidad imperiosa de dotar a Pontevedra de un nuevo Plan General", dixo o portavoz popular, Jacobo Moreira "ellos también aplaudieron el acuerdo al que hemos llegado el Partido socialista y el Partido Popular".
Segundo trasladou Moreira os empresarios consideran que é necesario facer un documento urbanístico que inclúa as infraestructuras de todas as administracións, que contemple chan para o sector terciario e equipamientos "como instalacións ou medios de transporte que non existían cando se redactou en plan actual no ano 1989 como é o caso dos crematorios ", detallou "ata estacións de servizo para coches eléctricos".
Sostén o portavoz popular que co parón constructivo, agora é o mellor momento para redactar o Plan "para que cando chegue a recuperación económica esteamos preparados en mellores posicións que outras cidades para afrontar o futuro de Pontevedra".
O portavoz da oposición municipal trasladou a súa decepción porque esperaba que esta semana xa se convocase a Comisión de Infraestructuras "espero que máis pronto que tarde se convoque porque necesitamos poñernos a traballar xa", recordando que o Pleno deu un prazo dun ano ao goberno "e o tempo xa está correndo, non podemos perder máis tempo".
Moreira asegurou que se pon "colorado" ao ver como concellos como Marín, A Coruña, A Estrada, acaban de aprobar o seu plan xeral "pero aquí o BNG quere unha lei específica para o concello de Pontevedra, pero a lei é igual para todos".