A ampliación dun camiño veciñal na Fraga posibilita a rehabilitación de tres vivendas abandoadas
Por Olaya Madrigal
O Concello de Ponte Caldelas está ampliando entre metro e medio e dous metros un tramo que, ata o de agora, non permitía o paso da maior parte de vehículos. Tras a reforma, o Goberno local ten prevista a rehabilitación destas vivendas como parte da súa estratexia de fixar poboación no rural, sen modificar excesivamente a arquitectura propia da zona.
O alcalde, Andrés Díaz, sinala que as obras en proceso tamén teñen como finalidade permitir o paso de vehículos de emerxencias, pasando a formar parte do conxunto de camiños que se reformaron polo mesmo motivo e co obxectivo de mellorar os servizos a disposición dos habitantes.
Segundo o Goberno local, a reforma do camiño, que anteriormente nin sequera facía posible o paso dun turismo, mellora nun tramo de 200 metros a accesibilidade a toda a zona.