Unha trintena de parcelas do polígono de Nantes xa tramitan as súas licenzas
Por Redacción
Os propietarios dunhas 28 parcelas, que suman case 40.000 metros cadrados, do polígono industrial de Nantes (Sanxenxo) xa están a tramitar as respectivas licenzas e permisos. Son, segundo o goberno municipal, o 13% das 223 parcelas dispoñibles para empresas.
As solicitudes que se están tramitando teñen que ver con distintas actividades económicas como hostalería, carpintería e madeiras, granito, obra pública, rótulos luminosos, estaleiros, servizos de xestión e pasteurizados.
A maiores, o Concello está a instalar nunha das parcelas de titularidade municipal as instalacións que albergarán as oficinas de Ínsula Sanxenxo.
Este organismo encargarase entre outros asuntos da xestión do chan do parque empresarial.
O Concello destaca que a posta en marcha do parque abre a oportunidade de xerar actividade económica alternativa ao turismo, principal fonte de riqueza do municipio.
Relacionadas:
-
Sete novas empresas confirman que se asentarán no parque empresarial de Nantes
Por Redacción |
-
Mercadona e a firma de conxelados Xesnova Global asentaranse no polígono de Nantes
Por Redacción |
-
O parque empresarial de Nantes empeza a xerar emprego
Por Oskar Viéitez |
-
Sanxenxo espera que o reaberto parque empresarial de Nantes cre uns 4.000 empregos
Por Redacción |
-
Catro empresarios recorren a decisión da asemblea de propietarios do polígono de Nantes
Por Redacción |
-
Satisfacción en Sanxenxo ao aprobar os propietarios do polígono de Nantes a folla de ruta proposta
Por Oskar Viéitez |