A Lama inicia os traballos para redactar o seu plan de mobilidade sustentable
Por Redacción
Os traballos para redactar o plan de mobilidade urbana sustentable da Lama xa comezaron. O alcalde, Jorge Canda, mantivo unha xuntanza co equipo redactor para trazar as liñas de actuación que darán orixe a este documento.
Estes traballos serán ampliados a través da participación cidadá nunha xuntanza cos colectivos sociais, culturais, veciñais, ANPA, cazadores ou ecoloxistas, que terá lugar o vindeiro xoves día 21 de febreiro no salón de plenos do Concello.
Infourban, a empresa contratada pola Deputación para impulsar esta iniciativa, explica que este plan pretende modificar a mobilidade urbana producindo importantes cambios no reparto modal, promovendo estratexias de baixa emisión de carbono, melloras do entorno urbano e rural e o impulso da inclusión social, logrando núcleos de poboación máis sostibles.
O obxectivo é o de mellorar a calidade de vida da poboación da Lama, mediante a avaliación inicial das necesidades presentes e futuras xunto coa importante participación cidadá.
Jorge Canda manifestouse ilusionado con esta iniciativa aberta á cidadanía porque porá as bases do futuro do municipio da Lama en canto a propostas e actuacións que se leven a cabo nos núcleos rurais e urbanos e tamén desde o punto de vista de favorecer a mobilidade pensando nos veciños do municipio e nas súas necesidades.
Relacionadas:
-
A Lama analiza as primeiras propostas veciñais para o novo plan de mobilidade
Por Redacción |
-
A veciñanza fai as súas achegas ao Plan de Mobilidade Urbana de Sanxenxo
Por |
-
Sanxenxo abre un período de consultas de dous meses para consensuar o plan de mobilidade
Por Redacción |
-
O novo parque biosaudable de A Lama estará habilitado ao comezo do verán
Por Almu Dapena |
-
A demanda de plans de mobilidade por parte dos concellos supera as previsións da Deputación
Por Oskar Viéitez |