Lina Garrido repite como candidata socialista en Cerdedo-Cotobade e Manuel Pazos estréase en Marín
Por Redacción
O Partido Socialista apura a presentación dos seus candidatos de cara ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio, é o caso de Cerdedo-Cotobade e de Marín.
Así, Lina Garrido será de novo a candidata dos socialistas á alcaldía do concello de Cerdedo-Cotobade. A agrupación local do PSOE elixiuna por unanimidade e Garrido afronta con forza e ilusión este reto.
Lina Garrido presentará a súa candidatura nun acto que terá lugar o domingo 24 de febreiro no Multiusos de Carballedo.
Pola súa banda, Manuel Pazos foi presentado este sábado nun acto celebrado na Alameda de Marín.
O cabeza de lista dos socialistas á alcaldía da vila comprometeuse a "dar o mellor de min, de nós" e construír "unha cidade amable para vivir, onde o espazo público sexa de calidade".