Un gran mural de troitas embelece as escaleiras máis transitadas de Ponte Caldelas
Por Almu Dapena
As escaleiras que van desde a Casa do Concello ata o Centro de Saúde, locen a partir de agora un aspecto moi diferente. Trátase dun mural con dúas troitas saltando unha fervenza e unha contorna floral deseñada pola artista plástica Lula Goce.
Ao conxunto tamén se lle engadiu na base das escaleiras o xogo do peletre e sinalizouse cun punto o lugar para a correcta observación do mural. Tamén se pintaron as varandas e pasamáns, mellorando así a estética de todo o lugar.
Na súa confección, os operarios modificaron a superficie para que poida resistir ao paso de peóns e pecharon os poros para evitar as posibles filtracións de auga que puidesen danar o grafiti. Para iso utilizáronse ao redor de cen botes de aerosol de cincuenta cores diferentes ademais do material utilizado para a correcta preservación do conxunto.
Relacionadas:
-
Un cartel co río Verdugo como protagonista gaña o concurso da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Un novo mural enche de natureza o peche do colexio Cordo Boullosa
Por Redacción |
-
A 53 edición da Festa da Troita xa ten calendario definitivo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas convoca os certames de Redacción, Carteis e Fotografía da Festa da Troita
Por Redacción |