O novo parque biosaudable de A Lama estará habilitado ao comezo do verán
Por Almu Dapena
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o Concello de A Lama acordaron a execución dunha ampla área que poda servir de encontro para os veciños e familiares do Eido de Abaixo, na parroquia da Xesta en A Lama.
O obxectivo do proxecto é executar unha nova zona de recreo que poidan disfrutar os adultos. Estará a carón dun parque infantil xa existente, polo que contará con máis de 1.100 metros cadrados para o ocio dos veciños. Nel haberá xogos biosaudables para adultos, mesas e bancos, unha pérgola, unha fonte e unha zona con asador. A maiores tamén se efectuarán traballos para mellorar a accesibilidade e o acondicionamento da contorna do lugar coa execución de beirarrúas e a urbanización do viario. Tamén dotarase a zona cun aparcadoiro axeitado.
O custo total deste espacio de ocio é de 91.003 euros, dos cales o 70% será financiado pola Xunta, enmarcados dentro dos obxectivos do Plan Hurbe, e o 30% restante correrá a cargo do propio concello.
O prazo de execución previso é de tres meses, polo que se conta con que esté habilitado para o comezo do verán contando co aumento de habitantes que experimenta a zona pola chegada de veciños e familiares.