Amplían os estacionamentos de servizos a catro novas rúas da cidade
Por Redacción
Luís Otero, Augusto García Sánchez, Estrada ou Filgueira Valverde. Son as catro novas rúas que o Concello vén de incorporar ao sistema de aparcamentos reservados para servizos.
O goberno municipal asegura que esta decisión responde á demanda de veciños e comerciantes de cada un deses espazos urbanos.
Aproveitando o bo tempo, a empresa adxudicataria da sinalización horizontal e vertical pintou a nova sinalización de servizos na rúa Luís Otero, entre a Santiña e a avenida da Coruña; Augusto García Sánchez, diante da farmacia da rúa; ou parte superior da rúa Estrada, onde tamén se reservaron dúas prazas para estacionamento para persoas con mobilidade reducida.
Ademais, a rúa Filgueira Valverde quedou destinada integramente a servizos logo de que o Concello recibira a sinatura de todos os comerciantes da rúa reclamando esta nova medida.
Dentro destes traballos de pintado da sinalización horizontal, os operarios completaron a renovación da rúa Herminia Fariña Cobián, como un dos últimos retoques desta obra de reforma que pretende mellorar a mobilidade peonil.
Relacionadas:
-
Denunciado por usar prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida coa tarxeta dun falecido
Por Redacción |
-
Reordenan os aparcamentos nas inmediacións do Vidal Portela e do Marcos da Portela
Por Oskar Viéitez |
-
Pere Navarro mostra interese pola experiencia de Pontevedra co sistema de estacionamento de servizos
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez propón ampliar a media hora a zona de servizos e descarta autorizar centros comerciais
Por Alejandro Espiño |