A preamar volve afectar a vehículos aparcados na rampla do peirao das Corbaceiras
Por Redacción
Durante uns días nos que se están a rexistrar tanto situacións de baixamar como de preamar, a auga chegou a poucos centímetros da beirarrúa. Desta forma, dous vehículos estacionados nesta contorna foron os máis prexudicados ao quedar coas rodas e os baixos inmersos na auga salgada da ría.
Un dos condutores, que chegou aos poucos minutos, viuse obrigado a ventilar o interior do turismo e logrou retiralo da zona en canto a marea comezou baixar, segundo a información facilitada por testemuñas presenciais. Non foi necesaria a intervención dun guindastre nin da Policía Local.
O servizo de Meteogalicia sinala que durante esta semana se están a rexistrar situacións de preamar en Pontevedra que se achegan aos 4 metros de altura. En concreto, este mércores ás 16.41 horas estaba prevista unha altura de 3,9 metros cando o habitual é que se sitúe ao redor dos 3 metros de altura.
Relacionadas:
-
A marea volve sorprender os condutores que aparcan no peirao de Corbaceiras
Por Redacción |
-
VÍDEO.- As mareas vivas volven afectar a varios coches nas Corbaceiras
Por Almu Dapena |
-
Un coche leva tres días sufrindo as mareas vivas en Corbaceiras
Por Redacción |
-
As mareas vivas provocan que un coche quede atrapado no peirao das Corbaceiras
Por Redacción |