O grupo Lar vese incapaz de sacar adiante o proxecto inmobiliario de Tafisa
Por Oskar Viéitez
O grupo inmobiliario Lar, propietario dos terreos da antiga fábrica de taboleiros Tafisa, a beiras do Lérez, vese incapaz de sacar adiante a promoción dun edificio de vivendas na zona.
A sociedade Ponte Lérez, creada para desenvolver este polígono residencial, dirixiuse por carta a todos os interesados no proxecto de vivendas para informar do peche da súa oficina de vendas.
Mediante unha carta, datada en Madrid a día 5 de xuño de 2013, PonteLérez Residencial Pontevedra sinala que "queremos informarle de la situación actual del proyecto de viviendas de Tafisa".
"Además de las pertinentes licencias administrativas, es necesaria la financiación de los proyectos por parte de las entidades bancarias. Todas estas gestiones ralentizan más de lo esperado el proceso de comercialización del proyecto que nos ocupa", di o escrito.
"Por esta razón, lamentamos comunicarle que procederemos a cerrar la Oficina de Ventas donde hemos estado atendiéndoles hasta el momento", a continuación facilita un enderezo de correo electrónico "donde estaremos encantados de atenderles ante cualquier duda que les pueda surgir".
Antes de despedirse cun "cordial saludo" dende PonteLérez agradecen a confianza depositada no seu proxecto residencial e móstranse "encantados de informarle en el caso de que cambie la situación actual y contemos con todas las premisas necesarias para sacar el proyecto adelante".
DEZ ANOS DO CONVENIO DE TAFISA
No ano 2003 asinouse o convenio entre o Concello e Tafisa, que permitiu sacar a fábrica de taboleiros das beiras do Lérez a cambio da recualificación dos terreos. Reservándose unha parcela para un hotel e outra que se cedeu á Universidade.
Posteriormente Tafisa (SONAE) vendeu os dereitos á inmobiliaria Lar, e esta á súa vez vendeu dous dos solares a Costa Verde, firma vinculada ao grupo Indeza.
No 2007 Lar e Costa Verde presentaron solicitudes de licenza para cinco edificios, pero acabaron sendo desestimados polo Concello porque o ámbito non tiña aprobado o proxecto de equidistribución. Costa Verde levou esta decisión aos tribunais que, polo momento, lle foron desfavorables.
Lar optou por refacer os proxectos, se ben a inmobiliaria acabou cedendo os dereitos a Ponte Lérez, que presentou unha solicitude de licenza que foi desestimada por falta de liquidez en 2012.
Relacionadas:
-
O Grupo Lar necesita máis tempo para acondicionar a urbanización de Tafisa
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Ultimátum dun mes ao Grupo Lar para que finalice a urbanización dos terreos de Tafisa
Por Alejandro Espiño |
-
Novo interese da propietaria dos antigos terreos de Tafisa polo seu aproveitamento urbanístico
Por Alejandro Espiño |
-
O PP pide ao Concello que negocie con LAR a adquisición dos terreos de Tafisa
Por Alejandro Espiño |