Pontevedra sumase á conmemoración do Día do Guía de Turismo
Por Redacción & Victoria Regueira
Calquera día é bo para facer turismo por Pontevedra e este xoves de febreiro quedou demostrado co percorrido organizado con motivo da conmemoración do Día Internacional do Guía de Turismo, fixado a nivel internacional cada 21 de febreiro.
A esta cita estaba convidada toda persoa interesada en coñecer os puntos máis turísticos da cidade ou, máis concretamente, do seu centro histórico. Os pontevedreses e visitantes que se sumaron tiveron tamén oportunidade de coñecer pequenas reviravoltas da Boa Vila que moitas veces pasan desapercibidas.
O circuíto ofrecíase de forma gratuíta, aínda que se animou a realizar unha doazón a ASSEII, Asociación de enfermidade inflamatoria intestinal.