Doce novas rutas tematizadas para dar a coñecer a provincia
Por Almu Dapena & Victoria Regueira
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou na mañá deste venres o novo proxecto de turismo enmarcado na promoción deste ano, Fame de experiencias" que inclúe unha ampla oferta de propostas para coñecer a provincia de Pontevedra.
Trátase dun novo produto turístico de rutas tematizadas para coñecer os museos, xacementos históricos e elementos patrimoniais unidos sempre á gastronomía de cada zona. Desta maneira, situaranse como axentes de promoción turística e crearanse novas rutas relacionando o patrimonio con produtos da provincia e co viño.
É unha oportunidade para poder adaptar os museos a un público máis amplo e así seguir apostando pola internacionalización da Provincia adaptándoo a toda a poboación e coñecer a provincia a través de propostas atractivas asociadas á natureza, á paisaxe e ao viño. A característica fundamental é a diversidade temática dos museos e mostrar a riqueza de cada ruta das que se pode gozar durante todo o ano, apostando unha vez máis pola desestacionalización.
Consisten en doce rutas agrupadas por comarcas e concellos para así establecer unha proximidade territorial nas que se destacará o valor turístico de cada zona, e presentar restaurantes e aloxamentos para que a experiencia do turista sexa completa. As rutas son as seguintes:
Terra de fronteiras, auga e historia, na Comarca do Condado; Puro Atlántico, Comarcas de Baixo Miño e Vigo; Un mar de Historias, Comarca de Vigo; Arte e Cidade, Concello de Vigo; O campo, mundo de riquezas, Comarca de Tabeirós, Terra de Montes; O sacro na natureza, Comarca do Baixo Miño; Entre o mar e a terra, na Comarca do Morrazo; As historias dúas mananciais, Comarca de Caldas; Do mar e do viño, Comarca do Salnés; Terra dentro, Comarca de Deza; Un tesouro artístico, Comarca de Pontevedra; e por último, Viño e lamprea, na Comarca de Paradanta.
Esta proposta difundirase de modo online nunha web específica na páxina das Rias Baixas, nas redes sociais e en folletos informativos que estarán nas oficinas de turismo.
Relacionadas:
-
Unha gala de cine chea de festa e glamour para presumir de turismo nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
A campaña turística "Fame de experiencias" chega ao mobiliario urbano de Madrid
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación presenta a nova guía de mosteiros das Rías Baixas
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra presenta en Fitur unha oferta turística que sacia a "fame de experiencias"
Por Redacción |
-
"Fame de experiencias" é a campaña de promoción turística da Deputación en 2019
Por Redacción |