A "Outubrofest" esténdese a todo o Centro Histórico na súa cuarta edición
Por Alejandro Espiño
Á OutubroFest quedóuselle pequena a carpa da Praza do Teucro. Máis de 15.000 persoas pasaron por ela o ano pasado e vendéronse máis de 8.000 salchichas, 7.000 litros de cervexa e 1.500 codillos asados. Por iso, en colaboración co Centro Comercial Urbano Zona Monumental, a cuarta edición desta festa, que se celebrará en Pontevedra entre o 31 de outubro e o 4 de novembro, ampliarase a todo o Centro Histórico da cidade.
Un total de 24 locais de hostelería do Centro Histórico formaron, en colaboración coa organización da Outubrofest, unha "ruta da cervexa". Durante os cinco días que durará este evento festivo, estes establecementos ofrecerán cervexa e pinchos a un prezo máis económico do habitual. Para coñecer cales son, Zona Monumental editará un folleto no que se recollerán todos os detalles.
Pero o epicentro da Outubrofest, que organiza o Pontevedra Rugby Club para financiar as actividades deportivas dos seus equipos base, volverá ser a Praza do Teucro.
Desde as 12:30 da mañá ata as 00.15 da noite, os asistentes poderán degustar todo tipo de salchichas e varias clases de cervexas. Todo a un prezo moi económico. Desde os 2 euros dun "perrito caliente" aos 10 euros das salchichas dun metro; e desde os 3,50 euros dunha pinta de cervexa loura, ata os 7 euros dun litro de cervexa tostada ou negra.
"Hemos negociado con los proveedores para mantener los mismos precios que en los dos últimos años", explicaba Félix Álvarez, presidente del Pontevedra Rugby Club. "Durante los tres años que llevamos de crisis hemos logrado contener los precios y siempre manteniendo una gran calidad en lo que ofrecemos".
Os organizadores esperan mellorar as cifras do ano pasado. "No será fácil", recoñecen. Pero destacan que o gran obxectivo é que nas horas dunha menor afluencia, as do mediodía, mantéñase a tendencia do ano pasado, no que "venían muchos grupos de personas que tras salir del trabajo aprovechaban esas horas para comer algo en grupo". En todo caso, insisten, "es una fiesta muy familiar".
Para coñecer máis detalles desta festa, a organización abriu unha páxina web: http://outubrofest.pontevedrarugby.com, na que poderemos consultar todo o relacionado con esta cuarta edición.