Pazo Baión, Vista Real, Casa Jaureguízar... De símbolo do poder dos 'narcos' a estar ao servizo do pobo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
O Pazo Baión (Vilanova de Arousa) foi adquirido pola familia do narcotraficante Laureano Oubiña cos beneficios derivados do tráfico de estupefacientes. O Pazo Vista Real, do mesmo municipio, sufriu a mesma sorte en mans de Manuel Charlín. A Casa Jaureguízar (Vilagarcía) pagouse coa fortuna amasada por Marcial Dourado. Tres capos da droga na comarca de Arousa, tres emblemas do seu poderío durante anos na zona e, agora, tres propiedades que reverteron en beneficio do pobo que tanto sufriu polas actividades ilegais dos seus anteriores propietarios. As tres recibiron entre este xoves e este venres a visita da Delegada do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas (PNSD), organismo que fixo posible esta Xustiza de devolver ao pobo o que tanta dor lle causou.
As tres propiedades comparten unha historia e compartirán un futuro tras ser incautadas polos tribunais para pagar as débedas xudiciais dos seus donos, pasar a mans do Plan Nacional sobre Drogas e acabar baixo tutela de administracións públicas. A última en sufrir esta sorte foi a Casa Jaureguízar, embargada a Marcial Dourado e da que este xoves se asinou oficialmente a adquisición por parte do Concello de Vilagarcía.
En relación con Marcial Dourado, e a preguntas dos medios de comunicación, María Azucena Martí, nova delegada do Goberno para PNSD, indicou que xa están embargadas e a nome do Estado case 180 propiedades e hai dous meses fíxose xa a primeira poxa. Ademais, polo valor simbólico que ten, destacou que esta semana pasou a nome do Estado a vivenda do narco na Illa de Arousa. Agora está pendente de que se faga unha valoración e síganse todos os procedementos ata que se faga poxa.
A visita de María Azucena Martí centrouse en Vilanova e Vilagarcía como dúas zonas durante tantos anos "castigadas por las drogas y por la delincuencia asociada a ellas, el narcotráfico" e quixo aproveitala para enxalzar a Galicia como un exemplo para toda España, e quizais para o mundo, de "empoderamiento" dunha sociedade civil que "se enfrentó a toda la delincuencia que había entonces asociada, a las amenazas, a la presión..." e logrou espertar as conciencias dos políticos e que se puxesen os recursos públicos ao servizo desa mobilización social.
Á sociedade civil galega atribúelle o mérito de que a clase polígica fósese aos poucos dando conta desa problemática que estaba "mermando la salud y las vidas de la población", do pobo de Galicia en xeral, e que as Forzas de Seguridade do Estado, os xulgados, a Fiscalía e todas as administracións "se pusieran al unísono en el trabajo de competir y de ganar". O propio Plan que agora ela representa creouse, ao seu xuízo, como resultado da presión dos anos 80. Agora, tras recadar o patrimonio dos narcos xa condenados por sentenza firme, distribúeo para programas de prevención e de reinserción social en materia de drogodependencias.
No seu percorrido polo Pazo Baión e o Pazo Vista Real puido coñecer o traballo de recuperación que se fixo e como se devolveu todo ese patrimonio que no seu día simbolizou o poder dos narcotraficantes e a súa impunidade para que teña uso cultural, social ou económico que regrese á sociedade.
A Fundación Galega contra ou Narcotráfico, e o seu xerente, Fernando Alonso, convidaron os medios de comunicación a compartir parte desa visita con Azucena Martí; a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba; a comisaria xefe provincial da Policía Nacional, Estíbaliz Palma; ou o tenente coronel Manuel Touceda, xefe en funcións da Comandancia da Garda Civil. Todos percorreron un Pazo que tamén foi embargado en 1995, pero que non chegou a mans do pobo ata anos despois. Desde 2011 pertence ao Concello de Vilanova de Arousa e está destinado a taller de emprego e diversas actividades sociais, culturais e de fomento do emprendemento.
Este antigo casarón galego construída no século XVIII e catalogada co máis alto grao de protección integral pola Dirección Xeral de Patrimonio aínda segue tendo algunha pegada do paso do clan de narcotraficantes dos 'Charlíns', que non dubidaron en plasmar o seu escudo familiar nunha das fachadas e fontes consultadas aseguraron que é habitual que as persoas que o visitan para as súas actividades ou para gozar do fermoso xardín con vistas sobre a Ría de Arousa aberto ao público lembren ao famoso Manuel Charlín Gama.
Poucos saben que, en realidade, Charlín practicamente non chegou a vivir neste Pazo, intervido pola Audiencia Nacional cando o estaba reformando cunhas obras que chegaron a ter expedientes abertos polo Concello e por Patrimonio e que lle levaron a construír unhas grandes cristaleiras na fachada e a construír unha bufarda que mancilló a súa riqueza patrimonial. Agora en liberdade, pero en prisión durante 20 anos, Charlín amasou a fortuna que lle permitiu adquirilo supostamente polas súas actividades de narcotráfico.
O Pazo Baión e as súas 22 hectáreas de viñedo foron nos anos oitenta símbolo do poder de Laureano Oubiña, pero tamén da loita das nais de drogodependentes, que en 1990 acabaron 'asaltándoo' tras a absolución do seu dono pola famosa operación Nécora. Foi un dos primeiros que empezaron a regresar á sociedade, pois xa en 1995 foi incautado pola Audiencia Nacional tras as condenas por contrabando de tabaco e tráfico de haxix do famoso capo e empezou a ser explotado por Freixenet e Condes de Albarei. O 5% dos seus beneficios destínanse a financiar programas de rehabilitación.
Maica Larriba aproveitou a visita para lembrar que Arousa é " unha comarca profundamente castigada durante moitos anos polo narcotráfico e pola dor que provocou na sociedade e nas familias en particular" e para visibilizar que a loita das Forzas de Seguridade do Estado, das familias e da sociedade en xeral contra o narcotráfico " non foi en balde" e que, na actualidade, "a sociedade en xeral deulle a costas ao narcotráfico, perdeu o medo a falar e o silencio xa non é unha cobertura para que poidan campar ás súas anchas as persoas e os grupos que tanta desgraza trouxeron para a sociedade".
Relacionadas:
-
"A súa honra póñena en perigo os seus propios actos", a resposta de 'Fariña' á demanda de Oubiña por "ridiculizalo"
Por Natalia Puga |
-
A operación que ‘repescou’ o patrimonio de tres xeracións do clan de Los Charlines, a xuízo na Audiencia Nacional
Por Natalia Puga |
-
Un concurso decidirá o deseño do monolito en homenaxe á sociedade arousá na súa loita contra o narcotráfico
Por Redacción |
-
O Plan Nacional sobre Drogas poxará bens de Marcial Dorado e "Patoco"
Por Redacción |
-
Cinco detidos nunha operación antidroga da Garda Civil no Salnés
Por Natalia Puga |
-
Manuel Charlín e o seu fillo Melchor, libres de toda sospeita polo alixo do Titán Terceiro
Por Redacción |
-
O ocaso dos vellos narcos: caen Sito Miñanco, Manuel Charlín e Tania Varela
Por Natalia Puga |
-
Laureano Oubiña: "no compensa estar en la cárcel ni un solo día"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Laureano Oubiña, detido e posto en liberdade pouco despois en Vilagarcía
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Laureano Oubiña: "Si muere mi hijo por culpa de la heroína, machaco al que se la vendió"
Por Oskar Viéitez |
-
Aberto xuízo oral contra o narcotraficante Marcial Dorado por blanqueo
Por Oskar Viéitez |