Comezan as accións formativas aos negocios locais de Poio
Por Redacción
O concelleiro de promoción económica e urbanismo no Concello de Poio, Gregorio Agís informou do comezo das accións formativas grupais incluidas no programa Poio Impulsa e dirixidas aos negocios locais.
A finais do ano pasado máis de 150 negocios do concello de Poio foron visitados para informarlles persoalmente do programa Poio Impulsa. As solicitudes recollidas nese momento duplicaron o número de prazas ofertadas na primeira fase do proxecto, cuxo obxectivo era apoiar aos negocios locais mediante accións formativas individuais.
Son 10 negocios os que participan actualmente en Poio Impulsa. Estas persoas contan cun acompañamento individual ata o mes de maio e polo momento levan traballado cos seus mentores máis do 50% das 140 horas que teñen a su disposición en total. Á hora de seleccionar as persoas participantes tralas 150 visitas aos negocios de diferentes zonas do concello de Poio, tiveronse en conta algúns termos esenciais, como son desenrolo do negocio, capacidade de cambio, motivación, etc.
As actividades empresariais das 10 empresas beneficiarias son: autoescola, ferretería, serigrafía, óptica, lavandería, carpintería, viveiro, veterinaria, tenda de electrodomésticos, venda de productos de grow e tattoo.
Tanto as accións individuais como as grupais, contan co apoio dun equipo de especialistas proveniente da contorna galega e de diferentes ámbitos empresariais para cubrir as máximas necesidades. Polo momento as máis demandadas son: organización, desenrolo estratéxico, comunicación on e off line, e escaparatismo e visual merchandising.
Xa comezaron as formacións grupais de "Tics e Ecommerce" e "Escaparatismo e Visual Merchandising", ambas eminentemente prácticas e focalizadas nas necesidades das persoas inscritas, con grupos reducidos para o aproveitamento máximo dos recursos e dos profesionais que están a impartir estas accións. En vindeiras datas arricarán as formacións de "Atención á clientela e comunicación", "Marca persoal e comercial" e as mesas redondas.
Gregorio Agís ten claro que o obxectivo deste programa é "impulsar o máximo aos negocios de Poio e por ende o tecido empresarial e social cun programa adaptado ás necesidades reais dos negocios e das persoas que os rexentan".