Ediserpo renuncia a tres obras, entre elas o campo de fútbol de Ponte Sampaio
Por Alejandro Espiño
A situación económica pola que atravesa a empresa pontevedresa Ediserpo obrigou aos responsables da compañía a renunciar a tres obras que estaba a realizar en Pontevedra, segundo confirmaron hoxe desde o goberno municipal.
O Concello autorizou a transmisión destes contratos a outras empresas, un trámite previsto pola lexislación vixente e que non ten custo algún para as arcas municipais. Tras os trámites administrativos necesarios, espérase que estas tres actuacións poidan retomarse no prazo dunhas tres ou catro semanas.
A obra de maior envergadura é, sen dúbida, o campo de fútbol de Ponte Sampaio. A partir de agora será a UTE formada polas empresas Imesapi e EC Casas, a compañía seleccionada pola propia Ediserpo para completar estes traballos.
ACEVI, pola súa banda, farase cargo dos "pequenos retoques" que, segundo o edil Demetrio Gómez, faltan para completar as obras de reforma da nave municipal de Campañó.
O proxecto de reforma da accesibilidade do pavillón municipal, do que aínda quedan máis obras por realizar, tamén o asumirá esta construtora.
Antes de que estas empresas poida retomar os traballos deberase levantar unha acta notarial do estado de cada unha das obras, para certificar en que punto se asumen os respectivos proxectos de reforma.
Relacionadas:
-
Catro meses máis para rematar o campo de herba sintética de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
As obras de construción do campo de fútbol de herba sintética de Ponte Sampaio continúan tras o parón
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Ediserpo ten de prazo dúas semanas para retomar as obras do campo de fútbol de Ponte Sampaio
Por Alejandro Espiño |
-
Comezan as obras para que o novo campo de fútbol de Ponte Sampaio estea listo en febreiro de 2019
Por Anxo Lourido |
-
Preocupación pola tardanza no inicio das obras de construción do campo de fútbol de Ponte Sampaio
Por Redacción |