A Xunta lémbralle ao Concello que Europa obriga a licitar as concesións de transporte interurbano neste 2019
Por Redacción
Continúan as discrepancias entre a Xunta de Galicia e o Concello en relación co transporte pública. Agora, a administración autonómica lamenta a proposta realizada polo concelleiro César Mosquera e considera que o seu obxectivo é "incumprir a lei".
Desde a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, que lidera Ethel Vázquez, lémbraselle ao goberno local que a lexislación europea obriga a que todas as liñas de transporte interurbano sexan licitadas neste 2019.
A proposta do Concello de Pontevedra de deixar fóra das licitacións do Plan de Transporte público de Galicia ás liñas que percorren o termo municipal de Pontevedra supón un incumprimento da lexislación.
Desde a Xunta consideran "sorprendente" que o goberno local pida tres anos para deseñar unhas liñas de autobuses cando esta data de caducidade era coñecida desde 2007.
Indican tamén, desde a Consellería, que a falta de planificación por parte do Concello obrigou á administración autonómica a incluír os percorridos e paradas no termo municipal de Pontevedra no Plan de transporte público. As novas rutas atópanse no proceso de información pública co obxectivo de melloralas.
Relacionadas:
-
Paralizan o plan de transporte da Xunta ante as "deficiencias" denunciadas polo sector
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta impoñerá o bus urbano en Pontevedra e descontarallo ao Concello
Por Oskar Viéitez |
-
Un informe municipal alerta das "carencias" do Plan de Transporte da Xunta, que mete buses por zonas peonís
Por Natalia Puga |
-
A Xunta non ve "desenvolvida" a proposta de Pontevedra para o transporte a demanda
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada