Bankia só deixará aberta unha oficina en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Bankia vai pechar 30 das 48 oficinas que ten en Galicia. No Concello de Pontevedra son tres as oficinas existentes: na rúa Castelao, na Praza de Galicia e en Rosalía de Castro (fronte á Audiencia).
Este luns remataban as negociacións co persoal, composto por 230 persoas en toda Galicia, das cales unhas 90 terán que acollerse a baixas incentivadas entre xuño e agosto. As baixas produciranse por 30 días por ano traballado cun límite de 22 mensualidades.
E é que as negociacións abertas con outras entidades como o banco Espírito Santo, interesado pola rede de oficinas de Bankia en Galicia, non chegaron a bo porto.
Desde os sindicatos explicaron que o expediente de regulación de emprego (ERE) xa estaba aprobado hai unhas semanas pero quedara paralizado agardando o resultado das xestións abertas coa entidade portuguesa.
O Banco Echevarría era outra das entidades interesadas, pero recentemente chegou a un acordo de exclusividade para negociar a compra de 66 oficinas de Novagalicia Banco.
Unha vez fracasados estes acordos Bankia comezará de inmediato a aplicar o seu plan de baixas incentivadas e a reducir a súa rede en Galicia que, segundo o memorándum do plan de reestructuración, contempla deixar operativa unha única oficina por praza de aquí al 2015. Segundo precisaron desde Comisións Obreiras en el municipio de Pontevedra quedará operativa unha sola oficina.
A entidade nacionalizada que preside José Ignacio Goirigolzarri prevía neste proceso o peche de sucursais de Galicia en base ao ERE esixido por Bruxelas como condición para liberar as axudas á entidade, segundo datos facilitados polos sindicatos.