A veciñanza fai as súas achegas ao Plan de Mobilidade Urbana de Sanxenxo
Por
Este luns o equipo redactor do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) mantivo a primeira reunión con representantes de CETS, de Entretendas e do colectivo de taxistas.
Estes encontros teñen como obxectivo definir coa veciñanza as liñas do Plan Estratéxico de Mobilidade Sostible, no que a Concellaría de Urbanismo está a traballar. Esta información, xunto coas enquisas de mobilidade que se realizarán paralelamente en emprazamentos estratéxicos do Concello, constituirán a base do traballo para a redacción do Plan.
Sanxenxo é un dos concellos beneficiados coa liña de subvencións da Deputación para a redacción dos denominados PMUS, concebidos coma instrumentos básicos para a ordenación e planificación da mobilidade das persoas e mercadorías a nivel urbano.
A segunda reunión terá lugar este mércores, coa Federación de ANPAs do municipio.
O obxectivo do Plan de Mobilidade Urbana Sostible é posibilitar e favorecer formas de desprazamento máis sustentables dentro dun núcleo de poboación, como camiñar, a bicicleta, ou o transporte público. Buscan garantir a calidade de vida para a cidadanía, compatibilizando o crecemento económico coa cohesión social e o coidado do medio ambiente.
Relacionadas:
-
Sanxenxo contempla unha nova variante norte para desconxestionar a rúa Progreso
Por Oskar Viéitez |
-
A Lama inicia os traballos para redactar o seu plan de mobilidade sustentable
Por Redacción |
-
Moraña convoca á veciñanza para que faga suxestións ao Plan de Mobilidade
Por Redacción |
-
Mosquera fala en Madrid da "aventura maravillosa" da mobilidade sostible e segura
Por Redacción |