O Xulgado arquiva o caso do detido por un delito de violencia de xénero na rúa Eduardo Pondal
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra decretou o sobreseimento provisional e o arquivo da causa contra o pontevedrés que a Policía Nacional detivera este xoves como presunto autor dun delito de violencia de xénero que supostamente cometera no interior dun local comercial da rúa Eduardo Pondal da cidade do Lérez.
Os feitos ocorreron ao redor das 11.00 horas deste xoves e xeraron un gran balbordo na zona, ao ser Eduardo Pondal unha rúa moi transitada da cidade a esas horas. Tras o episodio de violencia de xénero polo que finalmente foi detido este home, alertaron a Policía Nacional, que enviou ao lugar dúas patrullas da Comisaría Provincial.
O despregamento policial e os berros que, segundo as testemuñas, escoitábanse na rúa, axudaron a xerar gran expectación entre os viandantes que pasaban pola zona. Finalmente, todo disolveuse cando a Policía Nacional detivo o home presuntamente implicado no incidente e trasladouno ao calabozo da Comisaría Provincial.
O Xulgado en atención ás dilixencias practicadas nestas actuacións considera que non procede polo momento a realización de novas indagacións e que non existen indicios suficientes para formular unha acusación fundada en dereito.