A piscina municipal de Barro estará rematada "en maio ou xuño"
Por Redacción
As obras para dotar a Barro dunha piscina municipal avanzan segundo o ritmo previsto. A previsión das administracións que financian esta actuación, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Barro, é que poida estar rematada "entre os meses de maio e xuño".
A piscina, que estará situada nunha parcela de propiedade municipal no lugar de Outeiro, na parroquia de Santa María de Perdecanai, ten un orzamento de 358.488 euros.
O deputado Carlos López Font, que visitou as obras xunto o alcalde do municipio, Xosé Manuel Fernández Abraldes, destacou que o proxecto se fixera tendo en conta todas as esixencias de accesibilidade, tanto no edificio de servizos como no vaso da piscina, que terá unha rampla de acceso "moi innovadora" que permitirá a práctica do deporte a todos os usuarios.
Pola súa banda, o alcalde de Barro aproveitou o acto para agradecer ao goberno da Deputación a posta en marcha do plan de reequilibrio provincial, que permite realizar esta actuación, xa que sen el "non poderíamos construír esta instalación da cal carecíamos e a cal necesitábamos".
Ademais, destacou que con esta forma de actuación os concellos poden planificar e xestionar dunha forma "equilibrada" os recursos que lles corresponden.
Relacionadas:
-
Barro estrea a súa flamante piscina municipal
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello de Barro acusa o PP de "difundir bulos" sobre a piscina municipal
Por Redacción |
-
O PP de Barro denuncia ante a Fiscalía o goberno do BNG e PSOE por unha desviación de 69.848 nas obras da piscina
Por Redacción |
-
Barro xa ten cartos para urbanizar o Lugar do Outeiro
Por Redacción |
-
Barro adxudica o proxecto para a piscina municipal
Por Redacción |