Unha pancarta no Pazo Provincial anima a secundar a folga feminista do 8M
Por Almu Dapena
Co motivo do Día Internacional da Muller, e da convocatoria da Folga Feminista do 8M, a Deputación de Pontevedra sumouse a esta iniciativa coa colocación dunha pancarta na fachada do edificio do Pazo Provincial co lema 'Mulleres en loita pola igualdade'.
Con este xesto, a Deputación apoia o parón do 8 de marzo e únese a folga de coidados, folga laboral, folga de consumo e folga estudantil para así mostrar a necesidade da loita feminista para erradicar todo tipo de violencias machistas e demostrar que se as mulleres paran, para o mundo.
En Pontevedra, a plataforma Galegas 8M convoca unha manifestación o venres 8 de marzo ás 13:00 horas na Plaza da Ferrería e unha marcha reivindicativa que comezará cunha concentración a partir das 20:00 horas diante do Concello.
A pancarta foi desplegada pola presidenta e o vicepresidente da Deputación, Carmela Silva e César Mosquera, arroupados polos deputados provinciais Xosé Leal, Eva Vilaverde, Santos Héctor, Chelo Besada, Isaura Abelairas e Digna Rivas.
Así mesmo, Carmela Silva fixo un chamamento durante a inauguración do II Encontro de Mulleres Columnistas 'As mulleres que opinan son perigosas', para que as mulleres participen na folga de 24 horas e que os homes lles faciliten ese día para que poidan facer a folga.
Relacionadas:
-
Mil nomes contra as violencias machistas: "O silencio é un luxo que non nos podemos permitir"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
"Xuntas somos poderosas", a cuarta onda do feminismo avanza no Encontro en Pontevedra
Por Redacción |
-
Pontevedra énchese de mulleres que opinan e dan a súa propia visión do día a día nos medios de comunicación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
"Ramonas On Tour" unha iniciativa da Deputación "para estender a igualdade"
Por Oskar Viéitez & Victoria Regueira |
-
As avoas son as superheroínas e as fouciñas a súa arma contra o machismo
Por Olaya Madrigal |
-
Mandís pola igualdade para chamar á folga feminista do 8M desde as xanelas de Poio
Por Redacción |