O patrimonio da Illa de Ons, explicado en paneis informativos
Por Olaya Madrigal
A Illa de Ons conta agora con paneis de interpretación para os diversos elementos patrimoniais que ocupan o seu territorio, así como cunha ruta de sendeirismo circular con orixe e fin no peirao da illa.
A actuación, subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente, contou cun orzamento de 12.043,13 euros, e ten como obxectivo cubrir as necesidades de interpretación dos distintos elementos de patrimonio presentes no Parque Nacional.
A colocación dos paneis solventará a falta de información turística e colaborará na difusión da historia que se atopa detrás das principais construccións que ocupan a illa, como son o Castelo da Roda, o Castro de Castelo dos Mouros, o Xacemento romano de Canexol e a Laxe do Crego.
Entre eles creouse tamén unha ruta de sendeirismo circular como engadido en defensa do valor cultural e etnográfico da zona.