ENCE expón 102 ideas para "integrar" a súa fábrica na paisaxe da ría
Por Oskar Viéitez
Este venres o Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Pontevedra presentará unha singular exposición na que a dirección ENCE amosará aos cidadáns as súas 102 ideas para "integrar" a súa fábrica na paisaxe da ría.
O número corresponde ao total de deseños presentados ao concurso de ideas a nivel de anteproxecto para a integración arquitectónica e paisaxística da fábrica de Ence en Lourizán.
A solución gañadora do concurso poderá servir de base ao proxecto das obras, "sempre que a entidade convocante o estime posible e se reúnan ademáis os requisitos administrativos necesarios", aseguran desde a dirección da pasteira. O gañador do concurso coñecerase o vindeiro mes de xullo.
Na exposición de Novacaixagalicia poderemos atopar proxectos con lemas tan curiosos como "sSHhsss", "all together now". Algúns parecen froito dunha inspiración poética, bautizados como "aleteos de papel", "Aperta do Bosque", "bajo los hórreos". Hai tamén proxectos con nomes descriptivos como "biombo" ou "camuflaxe035".
Outros en cambio parecen títulos máis propios dunha película "el bosque encantado", "el bosque encendido", "el camino del viento", "el espejo y la niebla", "elogio de la materia" "ENtre nubes, el camino nace", "O Barco da Bela Helenes", "O Principiño", ou "Un barco no afea la mar".
Por suposto non faltan os lemas en latín e inglés. E algúns fan gala do seu bo humor "MÁSmadera", "nada por aquí... nada por allá...", ou do seu gusto pola política "Popular, Democrático y Científico". Finalmente hainos optimistas sobre o resultado do concurso: "Convenceremos".
Relacionadas:
-
Propoñen construír unha montaña rusa para tapar ENCE... e outras cen ideas máis
Por Oskar Viéitez |
-
O director de ENCE: "A fábrica condenada hai 19 anos e a fábrica de hoxe non se parecen"
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE presentará a finais de xullo o seu proxecto de mellora paisaxística
Por Redacción |
-
Ence convoca un concurso para a "integración visual" da súa fábrica de Pontevedra co seu contorno
Por Redacción |