30.000 euros para renovar o dique de abrigo de Santa Cristina de Cobres
Por Redacción
O presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitaba este sábado as obras realizadas no dique de abrigo do porto de Santa Cristina de Cobres, no municipio de Vilaboa.
Os traballos xa se atopan completamente finalizados tras un investimento de máis de 30.000 euros. Cambiáronse tres módulos da liña de abrigo por unidades de estruturas cun maior reforzo. A actuación permite evitar as roturas dos módulos existentes e desta forma garántese o amparo do pantalán interior que utiliza a frota marisqueira.
Para acometer a obra desmontáronse os tres módulos, mantendo a flotación de formigón coa instalación de tres módulos novos. A execución dos traballos duraron dous meses.
Durán Hermida confirmaba na visita que Portos de Galicia estuda a posibilidade de dotar de medios de amarre e defensas os tres novos módulos do dique, porque a infraestrutura se utilíza tamén para amarrar as embarcacións do porto.