Ponte Caldelas presume de estrear "a mellor fonte luminosa de Galicia" na nova praza de España
Por Redacción
A nova fonte luminosa na reformada praza de España en Ponte Caldelas é para o alcalde do municipio, Andrés Díaz, a mellor de Galicia. Así o afirmaba na inauguración deste sábado á que asistiron centos de veciños.
O acto contou coa interpretación do tema ' Naceu unha estrela', composto por Andrés Lorenzo e interpretado por 200 gaitas pertencentes a Os Coribantes de Buchabade, Os Catro Ventos, Son da Pedra e Aires de Cobres. Ademais interpretáronse os acordes do coñecido tema 'We will rock you', de Queen.
O alcalde anunciou os avances de cara á creación da futura Estación Termal de Ponte Caldelas, destinada a atraer turismo. O Concello adquiriu os terreos a SAREB para iniciar os trámites que permitan a licitación da concesión para construír e explotar esta infraestrutura.
Ao acto de inauguración acudía o deputado provincial Santos Héctor, en representación da Deputación provincial, que cofinanciou as obras, ademais do presidente da Zona Franca de Vigo, David Regades e os integrantes do grupo de goberno tripartito.
Relacionadas:
-
Carmela Silva celebra o "cambio radical" de Ponte Caldelas nos últimos catro anos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas completa as obras pendentes no núcleo urbano
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Primeiro "sábado de música acuática" na nova fonte de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas prepara o seu primeiro 'sábado de música acuática' ao redor da fonte luminosa
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas 'esquiva' a campaña electoral e adianta a inauguración da Praza de España
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas reabre ao tráfico a praza de España e reorganiza a circulación no centro
Por Redacción |