Así será o reparto dos 11 grupos participantes no XXVIII Concurso de Murgas
Por Redacción
O auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra volverá a encherse de público esta semana con motivo da celebración da 28 edición do Concurso de Murgas na que neste ano participarán once agrupacións.
A primeira eliminatoria será este luns 4 de marzo, a partir das 21.00 horas. Nela participarán Los de Soremay, Os de Noalla, Os do Val do Lérez-O Clan de Valle Inclán, Equipo Ja e Leña verde.
A segunda xornada clasificatoria será o mércores 6 de marzo, tamén a partir das 21.00 horas. Nesa ocasión seis agrupacións subirán ao escenario cargados de bo humor, crítica e música: Os Arrumbados, PTV-Made in China, Sin barreras, Jana de Leria, A tropa da Moncha a Caralla e El ataque de los drones.
A final está prevista para o xoves 7 de marzo á mesma hora. Como todos os anos, a entrada será libre ata completar as butacas do recinto.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Os do Val do Lérez, Equipo Ja, Os arrombados, Murga PTV e Jana de Leria, á gran final das Murgas
Por Diego Torrado & Redacción |
-
A comparsa 'Val do Lérez' vence o certame de Murgas 2018
Por Diego Torrado & Redacción |
-
'Equipo Ja', 'Val do Lérez', 'PTV', 'Leña Verde' e 'Jana de Leria', na final das Murgas 2018
Por Diego Torrado & Redacción |