O Concello vería "fantástico" unha titulación sobre videoxogos no campus e ofrece a súa colaboración
Por Alejandro Espiño
O sector do videoxogo está en auxe e é considerada como unha industria con gran futuro en Galicia. Por iso é polo que no goberno municipal gustou a posibilidade de que, a medio ou longo prazo, o campus de Pontevedra poida chegar a contar cunha titulación relacionada co deseño e a creación de videoxogos.
Este proxecto, segundo fontes empresariais, atoparíase nunha etapa embrionaria pero desde a Universidade de Vigo recoñecen que teñen interese en determinadas disciplinas para reforzar a oferta académica do campus e, neste sentido, esta temática encaixaría con titulacións existentes e coa liña de especialización do Campus Crea S2i.
A edil de Promoción da cidade, Anabel Gulías, asegura que sería "fantástico" que esta titulación relacionada co sector do videoxogo se puidese impartir en Pontevedra, xa que considera que se trata dunha idea "excepcional" e inédita no mapa académico público galego. Tan só existe un máster na Coruña e é de xestión privada.
Desde o Concello, lembra Gulías, "levamos tempo falando" con empresas do sector a través de iniciativas como a PontUp Store ou o Tek-Fest, ao entender que se trata dunha actividade "moi interesante" que encaixa na idea que converter a Pontevedra "con toda a humildade" na capital do deseño e da creación en Galicia.
"Estariamos encantados de contar cunha titulación sobre videoxogos propia no campus", destacou a concelleira do BNG, que adianta que o Concello ofrecerá, chegado o momento, "toda a nosa colaboración" á Universidade de Vigo para que esta idea frutifique e este novo grao chegue a ser unha realidade.
Anabel Gulías destacou a "cada vez maior" importancia que teñen en Galicia as compañías que traballan neste sector, onde hai xente que está a facer "cousas moi interesantes" como se viu en determinados encontros profesionais celebrados na cidade nos últimos anos.
Por iso, o Concello confía en que prospere esta posible nova titulación pero avanza que se a vía académica non se materializa, traballarán en crear un certificado profesional que, a través dos cursos de formación profesional que ofrece a administración municipal, permita homologar estes estudos.
Relacionadas:
-
A serie mexicana "Atrapada" inspira un videoxogo deseñado no campus de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A creación da Facultade de Deseño e Creación, en suspenso
Por Redacción |
-
A Universidade creará unha nova facultade en Pontevedra unicamente para o grao en Deseño e Creación
Por Oskar Viéitez |
-
Silvia García dimite como decana de Belas Artes
Por Redacción |
-
RADIO.- A gruta de Gizamaluke: Onde está a maior colección persoal de videoxogos?
Por Redacción |
-
RADIO.- 'Devil May Cry 5', o xénero hack & slash faise oco en A Gruta de Gizamaluke
Por Redacción |
-
RADIO.- A Asociación RetroGalaicos e Pokémon na Gruta de Gizamaluke
Por Redacción |
-
Reclaman unha titulación sobre creación de videoxogos para o campus de Pontevedra
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
Edugal abre as súas portas para ofrecer ao estudantado as posibilidades formativas do futuro
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |