Alertan da turbidez do río dos Gafos
Por Oskar Viéitez
Ás dez desta mañá deste xoves varios particulares alertaron ao servizo de emerxencias do 112 dunha vertedura nas augas do río Gafos á altura de ponte Bolera.
Os denunciantes explicaron que o río baixaba enlodado e con grandes achegas de terra.
Aínda que foron alertados axentes do Seprona de la Guardia Civil e de Augas de Galicia, finalmente os técnicos de Aquagest, a empresa concesionaria do servizo da auga en Pontevedra, encontraron a orixe da vertedura.
Tras levantar "unha a unha" as tapas da rede de sumidoiros, os operarios de Aquagest chegaron ata a rúa Pintor Laxeiro onde se localizou a causa do problema nunha filtración procedente dunha escavación que se está a levar a cabo nunha obra nunha finca desta rúa.