Queixas veciñais pola falta de iluminación na rúa Médico Ballina
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A veciñanza da rúa Médico Ballina leva dous días sen iluminación pública. Desde a noite do martes, por causas que descoñecen, os farois atópanse apagados.
Os residentes na zona sinalan que esta situación se repite con frecuencia, cando se rexistran fortes choivas ou tormentas.
Reclaman ao goberno local maior atención a esta zona da cidade e que a empresa subministradora do servizo eléctrico que resolva a incidencia porque esta falta de iluminación provoca inseguridade en toda a contorna.
Segundo manifestaba este xoves o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, o equipo de goberno non tiña constancia desta situación. Sinalaba que é a propia Policía Local a que se encarga de supervisar o alumeado e, se se detectan fallos, se lles comunican directamente aos servizos técnicos.
O goberno local indica que, durante os últimos días, levouse a cabo a reparación do alumeado de Ponte Boleira, que tamén estaba a funcionar de maneira irregular.