O PP leva ao pleno municipal o caso da cuñada de Carmela Silva
Por Anxo Lourido
O Partido Popular presenta unha moción para que se debata no pleno municipal este venres 15 sobre o caso da cuñada da presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, tal e como esta agrupación política xa o fixera no pleno da Deputación e no pleno municipal de Vigo.
No caso de Pontevedra, a agrupación socialista tamén solicitou un informe do secretario municipal, segundo informaba este martes o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores. O PSOE considera ilegal esta moción porque trata temas de carácter persoal e non compete ao Concello de Pontevedra. En Vigo produciuse unha situación similar no pleno de febreiro e, naquel caso, o secretario desestimou a petición para anular a moción popular.
Fernández Lores confirmou que, a espera dese informe, o tema irá a pleno. "Outra cousa será ou que digamos alí", indicou o rexedor da capital.
Os populares tamén levarán a debate a suspensión do plan de compostaxe e a petición dun apoio expreso á Brilat e ao traballo que realizan nas misións humanitarias.
Pola súa banda, o PSOE presenta dúas mocións, unha en relación con axudas para familias con persoas dependentes e outra sobre a eliminación de publicidade sexista no termo municipal.
Marea Pontevedra tamén levará dous temas ao pleno. Un sobre crematorios, que aínda non presentou, e outro sobre a recuperación das concesións na Xunqueira de Alba.
Por último, Cidadáns expón dúas mocións, unha sobre bolsas para comedores escolares e outra sobre o plan de conciliación da vida familiar coa laboral.
Fernández Lores avanzou que en maio xa non se vai a convocar a sesión plenaria ao coincidir co período electoral e a de abril adiantarase debido á campaña electoral que comeza o 11 dese mes.
Relacionadas:
-
O PP pide a dimisión de Carmela Silva de todos os seus cargos "por responsabilidade política, por ética e por dignidade"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O pleno dos "minutos da basura" da corporación
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O PSOE reclama un "plan de respiro" para aliviar os coidadores de persoas dependentes
Por Redacción |
-
O PP pedirá no pleno o recoñecemento aos soldados da Brilat que abortaron un acto terrorista en Mali
Por Redacción |
-
Rafa Domínguez, sobre a xestión de residuos: "O BNG de Lores debería ser máis humilde e menos soberbio"
Por Redacción |
-
Cidadáns propón un Plan de Conciliación municipal para que pais e nais poidan "conciliar de verdade"
Por Redacción |
-
Carmela Silva denuncia a "estratexia de difamación" ideada polo PP
Por Oskar Viéitez |
-
O PP pide no pleno da Deputación que Carmela Silva explique o suposto "enchufe" da súa cuñada
Por Oskar Viéitez |
-
Marea esixe recuperar os terreos do parque de maquinaria e a imprenta provincial
Por Alejandro Espiño |