Comeza a instalación do enlousado do Camiño de Santiago no Gorgullón
Por Redacción
A reforma da rúa Gorgullón entra nesta semana nunha nova fase de traballos coa colocación da nova pavimentación. A empresa adxudicataria, E.C.Casas traballa nestes momentos rasanteando o terreo para colocar o primeiro enlousado no cruzamento coa rúa Eduardo Pondal.
O Camiño de Santiago quedará sinalado cunha cor e pavimento diferenciados entre calzada e beirarrúas e luces led no chan semellantes ao centro histórico.
Até o de agora as obras consistiron na substitución de todas as canalizacións soterradas, traballos que aíndan se suceden cara ao final da rúa, onde tamén se traballa na creación dunha nova praza e dunha nova entrada ao paseo do río Gafos.
O proxecto da reforma do Gorgullón, financiado polos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER), inclúe a construcción dunha plataforma única co tránsito restrinxido á veciñanza e o comercio, sen estacionamentos como nas rúas Michelena ou Peregrina, invértese o sentido de circulación, dúas vías transversais quedan en dirección a Eduardo Pondal -Moa e Travesía Eduardo Pondal, e peonalízase a rúa do Muíño que salvará a pendente con escaleiras.
A empresa E.C.Casas foi a adxudicataria da obra cun orzamento de 1.258.629,17 euros e un prazo de execución de 8 meses. Entre as melloras presentadas pola empresa está a substitución do firme de asfalto por un lastro de 50x50 que aguantará o tránsito de vehículos, aínda que a rúa quedará de preferencia peonil.
Relacionadas:
-
A reforma do Gorgullón "vai moi ben", segundo o Concello, e estará terminada en outubro
Por Alejandro Espiño |
-
O Gorgullón xa deixa ver a súa nova iluminación
Por Redacción |
-
O asfaltado da rotonda de Uxío Novoneyra obriga a pechar martes e mércores Eduardo Pondal
Por Redacción |
-
Veciños do Gorgullón pedirán ao concelleiro Demetrio Gómez detalles sobre a reforma da praza fronte a Vialia
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A reforma do Gorgullón unirá a rúa coa futura praza da estación
Por Alejandro Espiño |
-
Comezan as obras para reformar por completo a Rúa do Gorgullón
Por Diego Espiño |