De Franco aos 'post-millenial', como cambiou a educación?
Por Almu Dapena & Mónica Patxot
Afundación celebrou este martes o seu encontro interxeracional "Falamos da escola" con estudantes de 1º de bacharelato do IES Frei Martín Sarmiento en Pontevedra.
Trátase dun programa no que se establecen encontros nos que participarán máis de 350 estudantes de 4º da ESO e 1º de bacharelato de distintos centros, e 51 persoas maiores voluntarias. Con esta iniciativa, propician a celebración de encontros entre maiores e mozos onde comparten as súas experiencias sobre a escola e reflexionan xuntos sobre o papel da educación actual.
Nesta ocasión, os maiores do Espazo +60 Afundación, visitaron aos estudantes de 1º de bacharelato do IES Frei Martín Sarmiento en Pontevedra, cos que dialogaron e reflexionaron en grupos mixtos sobre o papel que ten a educación contemporánea e as melloras que propoñen para que iso cúmprase.
Durante este encontro, as persoas voluntarias destacaron que a relixión estaba moi metida no ensino da súa época, tanto na escola como nas casas, e que a educación era moi estrita. Antes non tiñan libros de materias, senón de Santos e o Quixote, o cal lían "de maneira mecánica, e non te enterabas de nada", explicou Conchi Aboal, unha das voluntarias.
Conchi foi mestra durante 41 anos. Na súa casa falaba galego, pero "na escola non podiamos", explicou. Na súa época, as clases sociais estaban moi marcadas, pero iso só pasaba en España. Así explicou outra das voluntarias, Pepy Clavijo.
Pepy tamén foi mestra. Empezou estudando en Los Barrios, Alxeciras, e aos oito anos foi estudar a Marrocos onde di que "la educación era maravillosa. Estábamos árabes, judíos, protestantes, nosotros y algún hindú. La comunicación entre nosotros era maravillosa, teníamos unos profesores que eran una maravilla. Eran profesores que habían sido deportados porque no estaban de acuerdo con el régimen". Cando chegou a Pontevedra con 15 anos, notou un cambio moi diferente. En Marrocos estudaban nenos e nenas xuntos, en Pontevedra só as nenas. "Como dijo Conchi, aquí había clases sociales, en Marruecos no las teníamos. El nivel cultural era muy diferente", explicou.
Intercambio de experiencias
José Carlos Otero, outro dos voluntarios, ve fundamentais estes encontros xeracionais para favorecer a aprendizaxe baseada en experiencias. "Para conocer la enseñanza de hoy, hay que conocer la de antes. Es una experiencia que puede ayudar mucho a los alumnos". "La educación es subjetiva, lo que para uno es bueno, para otro puede no ser tan bueno".
Yolanda González e Inés González, alumnas de 1º de bacharelato, víronse sorprendidas ao escoitar que antes non tiñan tanta facilidade para estudar, tiñan poucas cousas e aínda así saíron adiante porque querían. "Nosotras tenemos muchas facilidades, pero la mayoría de las veces no las aprovechamos", dixo Inés.
Tamén Yolanda explicaba que "lo que nos contaron el primer día de la charla fue un poco duro porque cada uno tenía su formación, pero detrás de ella había una historia basada en una lucha constante para poder llegar a donde llegaron. Lo que más nos impactó fue cómo trataban los profesores a los alumnos en aquella época, creyéndose una especie superior."
Iso aínda pasa agora, "hai falta de educación e respecto aos alumnos. Os profesores non poden ridiculizar aos alumnos diante de toda a clase" criticou Conchi. "Estamos formando persoas, a educación forma persoas e está moi manipulada por moita xente, todo o mundo quere formar parte dela. En vez de pensar nos alumnos, pensan neles mesmos". Conchi afirmou que os profesores deben adaptarse aos alumnos, non crerse superiores. "A educación é unha cadea, se un eslabón rómpese, non podes volver atrás", concluíu.
"T odos temos dereito a chegar á mesma nota sen importar a clase social e sen importar se somos homes e mulleres", Conchi Aboal.
Cristina González, xefa de estudos do centro, valora moito este tipo de encontros "é fundamental o intercambio de experiencias dende a proximidade, todo isto non está sacado dos libros de texto, esta é a historia da educación".
Respecto, igualdade e formar con valores positivos, foron as conclusións ás que se chegou tras o encontro
A través dunha metodoloxía moi dinámica, as persoas maiores voluntarias relataron as súas experiencias escolares nun primeiro encontro para despois reflexionar en grupos.
Despois de falar cos voluntarios, cada grupo identificou os temas que lles pareceron máis relevantes na educación de agora, e mediante unha votación, elixiron as cinco propostas coas que estaban máis de acordo: favorecer a convivencia e as relacións baseadas no respecto, fomentar unha conciencia crítica e a formación dunha opinión propia, adquirir competencias prácticas para afrontar a vida, promover a igualdade de oportunidades e a inclusión social, e formar ás persoas con valores positivos.
Despois disto, realizaron un novo debate onde se propuxeron melloras para que a educación cumpra un bo papel. Os estudantes estiveron de acordo en destacar que a intelixencia non se debe basear nun exame e en que non se limiten as súas posibilidades a unha soa nota. Tamén queren que as clases sexan máis dinámicas e que se mellore a comunicación co profesorado.
Neste encontro participaron como maiores voluntarios Pepy Clavijo, Conchi Aboal, David Pérez e José Carlos Otero; a xefa de estudos do centro, Cristina González; o responsable do proxecto, Luís Liñares; e as alumnas, Inés González e Yolanda González.
Relacionadas:
-
RADIO.- Repasamos o manual das frases de nai coa psicóloga Rocío Ramos-Paul
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- "Pasamos do quen ben te quere farate chorar ao quen ben te quere deixarate facer o que queiras"
Por Marisa Ciordia |
-
RADIO.- Cara a cara: Búscanse empresas, organizacións e particulares para proxecto solidario
Por Marisa Ciordia |