256 cans foron abandonados en Sanxenxo o pasado ano
Por Oskar Viéitez
A concellería de Medio Ambiente do Concello de Sanxenxo rexistrou preto de 300 avisos de animais abandonados durante o 2018. Concretamente atendéronse un total de 277 avisos, dos cales 256 foron por cans abandonados en espazos públicos e 21 chamadas para recoller cadáveres de gatos.
Do total de cans, só 81 foron devoltos aos seus propietarios, e o resto xestionáronse a través do Centro de acollida e protección de animais da Deputación (CAAN).
Atendendo ao número de cans recollidos, en primeiro lugar sitúase a parroquia de Padriñán con 68 cans recollidos, seguida de Noalla con 55. A parroquia con menos animais recollidos foi Bordóns, con 8 cans.
Tan só 67 animais implantaran o sistema de identificación, o que supón un 26% do total. É por iso que desde a concellería fan un chamamento para que todas aquelas persoas que teñan animais póñanlle o correspondente sistema de identificación.
Inscribir a estes animais é un deber dos propietarios, pero aínda son moitos os que están á marxe da lei e incumprila implica sancións que poden oscilar entre os 501 e 5.000 euros.