O PP pide ao Concello que negocie con LAR a adquisición dos terreos de Tafisa
Por Alejandro Espiño
Que os terreos de Tafisa destínense á ampliación do campus universitario e á construción de novos equipamientos deportivos que poidan complementar o Centro Galego de Tecnificación Deportiva. ÿ a proposta que presentará o Partido Popular no próximo pleno municipal. Queren que o Concello de Pontevedra diríxase á empresa LAR para negociar con eles a obtención destes terreos.
Segundo o concelleiro Ricardo Aguilar, despois de que "por los retrasos que se produjeron en la tramitación y la actual coyuntura económica" a empresa renuncie a afrontar nestes momentos as promocións inmobiliarias previstas, o goberno municipal debe iniciar as xestións pertinentes para recuperar eses terreos para uso público, ben mediante a adquisición ou a través dunha permuta que compense á promotora.
Aguilar, que se mostrou preocupado pola paralización "sine die" deste proxecto, sinalou que "da la sensación de que estará años parados", algo que entende podería afectar ata á urbanización dos terreos, que aínda non foron entregados ao Concello. "Si LAR no quiere edificar las viviendas, probablemente no tenga interés en seguir con la urbanización, lo que nos dejaría un polígono semiabandonado".
Por iso é polo que propoñan esta solución para "recuperar unos terrenos muy vinculados al río". En concreto, explicou que o Plan Especial aprobado para toda esta zona abarca 11.000 metros cadrados, dos cales 9.000 xa son de propiedade municipal en virtude do convenio aprobado no seu día, que ían permitir construír, entre outros, o Edificio das Artes e un hotel. Só habería que negociar, di Aguilar, polos 2.000 metros cadrados restantes.
E aí entraría en xogo a proposta para reactivar o PXOM de Pontevedra. Di Aguilar que, "aunque entendemos que no es fácil", con este documento na man o Concello de Pontevedra podería ofrecer a LAR a permuta dos terreos de Tafisa por outras parcelas de propiedade municipal noutros puntos da cidade onde poder construír no seu momento as 800 vivendas proxectadas.
LOURO CUALIFICA DE "FRIVOLA" ESTA PROPOSTA
Desde o Concello de Pontevedra, o concelleiro de Urbanismo, Antón Louro, cualificou esta proposta do Partido Popular como "frívola". Asegura o edil socialista que pensar que LAR poida "regalarnos" estes terreos "está máis preto de ser unha broma que unha proposta seria" e dubidou que a permuta poida ser posible. Por iso, Louro pídelle aos populares que, en próximas ocasións, fagan propostas "rigurosas".