Os pontevedreses gastarán unha media de 42 euros por persoa no Día do Pai
Por Almu Dapena
A Federación Provincial de Comercio de Pontevedra, publicou, un ano máis, o estudo de previsión do gasto estimado para a celebración do Día do Pai na provincia onde se prevé que os comercios facturen algo máis de 15 millóns de euros, un millón máis que o ano anterior. Desta maneira, espérase que o gasto medio por persoa sexa de ao redor de 42 euros.
Este ano ao caer en martes, espérase que as familias pontevedresas aproveiten para celebrar o día con comidas en restaurantes realizando un gasto estimado de 25 euros por persoa.
A enquisa reflicte que o 70% das persoas que participaron de entre 15 e 29 anos gastarán ao redor de 27 euros. Pola súa banda, o 65% das persoas enquisadas de entre 30 e 49 anos, tamén regalará aos seus pais, realizando un gasto estimado de 51 euros. Finalmente, o 15% dos enquisados de 50 anos en diante farán agasallos e gastarán ao redor de 45 euros.
Os principais artigos que se regalan, ordenados de maior a menor son, un ano máis, roupa e complementos, como gravatas ou camisas; artigos electrónicos como móbiles ou tablets; artigos de perfumería e aseo persoal; libros e libros electrónicos; e, por último, discos de música e películas en DVD ou Blu-Ray.
Finalmente, a Federación calcula que na localidade de Pontevedra fágase un gasto superior aos 2 millóns de euros, superando o gasto do ano anterior.