Portas abertas na Escola Naval Militar para visitar o submarino "Mistral"
Por Redacción
O vindeiro mércores 20 de marzo, fará escala na Escola Naval Militar o submarino "Mistral", será unha das dúas visitas que vai realizar a portos galegos durante este mes.
Estará na Ría de Pontevedra ata o domingo 24 deste mes. O vindeiro venres 22 terá lugar unha xornada de portas abertas na que se poderá visitar o submarino.
O "Mistral", atracado no peirao de Torpedos na Escola Naval, permanecerá dispoñible para visitas en horario de 16.00 a 18.30 horas.
Durante a súa estancia en Marín, o veterano submarino aproveitará para participar na formación dos futuros oficiais da Armada con diversas actividades en porto e na mar.