Lores asina o convenio para remodelar a estación de autobuses
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores asinou este venres o convenio entre o Concello de Pontevedra e a Xunta de Galicia para desenvolver a futura estación intemodal de Pontevedra. Para o Concello trátase dun proxecto de gran relevancia polo que supón de ir completando os barrios, mellorando o servizo que se lle ofrece aos viaxeiros, e se reordena a mobilidade nesa parte da cidade.
A Alcaldía remitiu esta venres o convenio á Xunta de Galicia por valixa, logo de telo asinado, e confiando en que se inicie o proceso de licitación canto antes.
O convenio recolle que o custe da actuación é de 6.151.669,87 euros, nunha porcentaxe de 75% por parte da Consellería e un 25% por parte do Concello.
A adecuación para a intermodalidade do conxunto formado polas actuais terminais de autobuses e ferroviaria de Pontevedra terá un custe de 3.375.952,65 euros que recolle actuacións como: conexión peonil entre estacións; humanización da praza e aparcadoiro de turismo na entrada da estación; acceso á estación pola avenida Josefina Arruti e acondicionamento das dársenas; e adecuación da canle do río Gafos no lindeiro da estación de bus.
A segunda parte do convenio é a reforma de actual estación de autobuses por 2.427.509,49 euros: que recolle actuacións como renovación de fachada, cuberta e interiores da imaxe das estacións intermodais en Galicia; mellora de instalacións e eficiencia enerxética; mellora dos sistemas de información e sinalética.
Relacionadas:
-
A intermodal e a rehabilitación da estación de autobuses estarán terminadas a finais de 2020
Por Natalia Puga & Cristina Saiz |
-
A reforma exterior da nova estación de autobuses sairá a licitación nos próximos días
Por Redacción |
-
Saen a licitación as obras da estación de autobuses intermodal
Por Redacción |
-
O custo da estación intermodal irá finalmente ata os 6.1 millóns de euros
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta confirma que iniciará as obras da estación intermodal en 2019 cun investimento de 5,5 millóns de euros
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Esta é a estación de autobuses que queren a Xunta e o Concello
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |