Chaman a unha "deseucaliptización simultánea" con motivo do Día Mundial dos Bosques
Por Oskar Viéitez
A rede a prol do bosque galego, Cousa de Raíces, propón celebrar o Día Mundial dos Bosques cunha "Deseucaliptización Simultánea" por toda Galicia.
Esta plataforma, conformada por máis de 60 entidades, convida a centros educativos, colectivos, asociacións, plataformas e particulares a promover iniciativas de eliminación de eucaliptos e doutras plantas invasoras dos montes galegos durante a vindeira semana.
Entre outras citas teñen previsto actuar o 23 de marzo na parroquia de Rebordelo, no concello de Cerdedo-Cotobade e no monte de Gradín, en Ponte Caldelas.
O vindeiro xoves, 21 de marzo, é o Día Mundial Forestal ou dos Bosques, declarado así pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas para homenaxear a importancia de todos os tipos de bosque e intentar xerar conciencia ao respecto, no plano individual e colectivo, instando tamén ás administracións públicas a promover iniciativas que favorezan, protexan e respalden os bosques.
Relacionadas:
-
O retraso de Patrimonio pon en perigo dous proxectos de parques forestais en Santa Cristina de Cobres
Por Oskar Viéitez |
-
Ence favorecerá a certificación e reservará espazo para frondosas nas novas plantacións de eucalipto
Por Redacción |
-
Ence lanza unha campaña para renovar as masas de eucalipto de máis de 30 anos
Por Noticia patrocinada |