Ana Pastor repite polo PP en Pontevedra tras a "renovación tranquila" de Pablo Casado
Por Oskar Viéitez
O líder do PP, Pablo Casado, presentou este sábado a súa "renovación tranquila" nos cabezas de lista do partido ao Congreso ante as eleccións xerais de abril.
A dirección nacional do PP renovou case o 80% dos seus número uno ao Congreso con respecto aos comicios de xuño de 2016. Si que incorporou a tres exministros de Mariano Rajoy: Isabel García Tejerina (Valladolid), Rafael Catalá (Cuenca) e Ana Pastor.
A presidenta do Congreso volverá ser cabeza de cartel do PP por Pontevedra.
Para este sábado estaba confirmada a súa presenza nun acto do seu partido no Hotel Rías Baixas, baixo o título "Mulleres do Rural" que contou coa asistencia de diversas asociacións.
Nesta charla-coloquio a conselleira Ángeles Vázquez lembrou que en Galicia o paro feminino sitúase nun 12%, mentres que a nivel estatal é dun 16%, polo que "a nosa comunidade autónoma está nunha moi boa posición".
Pola súa banda a secretaria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana López Abella manifestou que "as mulleres do rural son fundamentais para o
sostemento de Galicia".
Relacionadas:
-
Ana Pastor ve "prioritario" o paseo a Marín e a reforma do nó de Bombeiros
Por Alejandro Espiño |
-
Ana Pastor, Diego Gago e Elena Suárez, apostas do PP para o 28A; Pilar Rojo, ao Senado
Por Alejandro Espiño |
-
As vítimas de Angrois senten como unha "ofensa" que Ana Pastor encabece a lista do PP por Pontevedra
Por Oskar Viéitez |