A Brilat estrea mascota polo seu 47 aniversario
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
A Brigada da Legión deixou de ser a única unidade do Exército español con mascota. A Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat) celebrou o seu 47 aniversario estreando un novo símbolo. O que ata agora era o seu emblema, o azor, cobrou vida en forma de dous animais desta especie de ave rapaz que viven na base Xeneral Trasfogueiro e que realizaron este venres o seu primeiro voo público.
A estrea da súa nova mascota foi a gran sorpresa da parada militar celebrada na base da Brilat como cada 7 de xuño. Este ano conmemoraba o 47 aniversario da existencia da Brigada e o 44 aniversario da primeira operación aerotransportada realizada o 7 de xuño de 1969.
O acto que empezou como o tradicional de cada ano converteuse xa en singular e espertou a esclamación dos presentes cando os dous exemplares de azor que teñen realizaron senllos voos na súa presentación oficial como mascotas da Brilat.
A parada militar estivo presidida polo xeneral de División Francisco Javier Varela Salas, xeneral xefe do Mando das Forzas Lixeiras, e serviu tamén para condecorar 16 militares da Brilat por diferentes motivos, para render homenaxe a cinco profesionais que pasan á reserva e para entregar o premio 'Azor 2013'. Esta segunda edición do recoñecemento recaeu sobre ao escritor Lucas Molina Franco e o pintor Augusto Ferrer-Dalmau, que acaba de doar á Brigada o cadro La patrulla Azor, que representa dous militares co símbolo da Brilat no brazo e sobrevoados por unha nube con forma de azor.
O xeneral xefe da Brigada, José Antonio Alonso Miranda, aproveitou o acto para reivindicar a importancia da Brilat e a súa vinculación con Pontevedra e Galicia en xeral, nunha alusión clara á ameaza de que a Brigada teña que abandonar a base de Figueirido por falta de entendemento entre os comuneros e o Ministerio de Defensa.
Alonso Miranda deu as grazas aos pontevedreses "por estar con la Brilat" e pola súa "proximidade y apoyo moral", xa que, segundo asegurou, contribúen a que se sintan "respetados y entrañablemente integrados en estas tierras, donde nacimos hace 47 años y donde hemos crecido como Gran Unidad para llegar a ser, sin complejos, una de las mejores Brigadas de nuestro Ejército".
O xeneral resaltou o "arraigo e identidad con el territorio donde está ubicada" que ten a Brilat e asegurou que "no existe en otras Brigadas de nuestro Ejército" e que "por ello, como españoles nos sentimos muy orgullosos de estar donde estamos y ser lo que somos". Declarou que os militares desta unidade son "patrimonio de todos los gallegos".
Non se esqueceu de facer referencia á recente misión que asumiu a Brilat durante seis meses en Afganistán, "cumpliendo con ejemplaridad y rigor la misión que se nos ha asignado", pero deu por cerrado ese ciclo que "exigió un gran esfuerzo y una especial dedicación durante el último año de nuestra preparación".
Pese a pechar a porta a esa misión, incidiu en que o adestramento da Brigada é continuo, de modo que "casi sin solución de continuidad" se ha adentrado ya "en un nuevo ciclo de preparación que culminará el próximo año con nuestra aportación a la Fuerza Conjunta de Reacción Rápida". En 2014, segundo anunciou, a Brilat constituirase nunha fase de "muy alta disponibilidad para estar en condiciones de cumplir con misiones que, en su caso, se nos puedan asignar".