O BNG de Barro presenta a listaxe da candidatura de Abraldes
Por Redacción
O BNG de Barro escollía por unanimidade esta fin de semana as persoas integrantes da candidatura que acompañará a Xosé Manuel Fernández Abraldes nas vindeiras eleccións municipais co obxectivo de repetir mandato.
Abraldes destacou a capacidade de traballo, a ilusión e o amor a Barro dos membros desta candidatura coa idea de formar un goberno transparente, participativo e eficiente.
A número dous da lista é Rocío Martínez Sartal, veciña de Curro, traballadora do sector cárnico e unha muller moi vinculada ao asociacismo cultural. Roberto Rivas, actual concelleiro de Cultura, ocupará o posto número tres, é viticultor e presidente da Asociación Galega de Viticultura.
O cuarto posto ocúpao Amelia Cancela, actual concelleira de Benestar Social. Iván Bello, responsable local da formación nacionalista, ocupará o quinto lugar na candidatura mentres que a avogada Patricia Ayudes será a número sete e o profesor xubilado Xan Rey ocupará o oitavo posto. Os seguintes postos corresponden a Claudia Güimil, Rosa Rodríguez e Toño Giráldez.