As obras da autovía A-57 na Fracha aínda non chegaron á cuarta parte
Por Oskar Viéitez
O Ministerio de Fomento informou que as obras do primeiro tramo da autovía A-57 no tramo entre Vilaboa e A Ermida "alcanzan, a data de xaneiro de 2019, un avance superior ao 20,53%".
Así responderon desde o Goberno á pregunta formulada pola deputada pontevedresa Pilar Rojo na que tamén se interesaba pola situación destes traballos iniciados na Fracha en outubro do ano 2015 pola entón ministra de Fomento, Ana Pastor.
Respecto ao segundo tramo entre A Ermida, en Marcón - Pilarteiros, en Xeve, a resposta gobernamental é que "recibidas as alegacións o Ministerio realizará a análise das mesmas, co obxectivo de incorporar todas aquelas que poidan contribuír á mellora dos proxectos e das actuacións".
A A-57 desenvólvese en tres tramos. O de Vilaboa- A Ermida, en execución; o tramo entre Ermida e Pilarteiros, cuxo deseño atopou un forte rexeitamento veciñal e o tramo Pilarteiros - Barro e conexión coa AP-9 en Curro, cuxo estudo informativo foi aprobado o pasado verán.
Relacionadas:
-
Cortan o tráfico na estrada Marcón-Pintos-A Reigosa polas obras da A-57
Por Redacción |
-
O pleno aproba que o Concello ofreza cobertura xurídica á plataforma de persoas afectadas pola A-57
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Veciños de Xeve e Bora colapsan os rexistros coas súas alegacións contra a A-57
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |