Ponte Caldelas ten "ganas de moto"
Por Almu Dapena
Ponte Caldelas celebra un ano máis a Xuntanza Moteira coa súa V edición. Segundo os seus organizadores, o sábado 20 de abril, ao redor de 3.000 motos concentraranse na Alameda e na rúa Marín a partir das 15:00 horas, onde permanecerán aparcadas durante toda a xornada.
O alcalde, Andrés Diaz recibiu aos organizadores do evento, Carlos Figueroa, Eva Lago e Irene Couñago, que confirmaron que hai "ganas de moto", tratándose dunha cita obrigada para os afeccionados do Noroeste peninsular.
A ruta moteira comeza en Laxoso ás 17:00 horas e pasará por Augasantas, Antas, Xesta, Xende, Gaxate, Forzáns, Caritel e finalizará na Alameda. Trátase dunha ruta duns 30 quilómetros que percorrerán nun tempo estimado de 40 minutos.
As exhibicións, a cargo da Escola de Pilotos Lorenzo de Pontevedra, celebraranse na chaira de Chan da Barcia onde tamén está programada unha master class de zumba